Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ CUN CICLO DE FORMACIÓN DUAL DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN O PRÓXIMO CURSO ACADÉMICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



Serán un total de 2.000 horas repartidas en dous cursos que se impartirán no IES Vilalonga e o antigo colexio O Cruceiro

Sanxenxo contará cun Ciclo de Formación Profesional Dual de Hostalaría e Restauración o próximo curso co que se dará resposta a unha vella demanda do sector turístico do municipio e da parroquia de Vilalonga.

A colaboración entre Concello de Sanxenxo, Consellería de Educación e o sector turístico permitirá facer realidade este ambicioso proxecto educativo. A formación incluirá un total de 2.000 horas repartidas en dous cursos: Un teórico no IES Vilalonga e outro práctico, con talleres no antigo CEIP O Cruceiro aos que se sumarán as prácticas remuneradas nos establecementos do sector turístico. Haberá inicialmente un total de 20 prazas por curso que se poderán ir incrementando en sucesivos niveis.

O alcalde, Telmo Martín, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, xunto á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o presidente do CETS, Alfonso Martínez, o xefe territorial de Educación, o director do IES Vilalonga e unha ampla representación do sector turístico de Sanxenxo e do goberno local anunciaron esta mañá este ciclo de FP dual no patio do antigo colexio de O Cruceiro.

Martín subliñou que con "este ciclo formativo cúmprese o compromiso deste goberno de destinar o antigo colexio á escola de hostalería" e asegurou que redundará "na calidade dos servizos que xa presta Sanxenxo e co que se dá resposta a unha demanda do sector". O rexedor lembrou que o proxecto de acondicionamento das instalacións opta a unha subvención europea de 1,5 millóns de euros e que a amplitude das instalacións permitirá acoller novos ciclos formativos para mozos ou persoal do sector que queira seguir mellorando a súa formación.

Pola súa banda, o conselleiro de Educación asegurou que "hoxe é un bo día para todos: Convírtese un edificio baleiro nunha oportunidade e responder a unha demanda educativa e laboral" que existe en Sanxenxo.

0
0
0
s2sdefault