Concello de Sanxenxo - A ASOCIACIÓN DE XUBILADOS DE VILALONGA RETOMA A SÚA ACTIVIDADE SOCIAL NUN NOVO LOCAL PROVISIONAL MOI PRÓXIMO AO CENTRO DA VILA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O alcalde, Telmo Martín, e o presidente do colectivo, Valentín Bouzada, visitaron hoxe as novas instalacións


A Asociación de Xubilados de Vilalonga retoma a súa actividade social e farao, de forma provisional, nun novo local moi próximo ao centro da vila. O local que conta cunha superficie de 272 metros cadrados cun espazo de cafetaría, un amplo salón, dous baños adaptados, unha cociña e un almacén. Ten dúas entradas totalmente accesibles e unha pequena terraza.

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, e o presidente do colectivo, Valentín Bouzada, visitaron esta mañá as novas instalacións, anteriormente dedicadas á hostalaría, acompañados do concelleiro de Servizos Sociais, Daniel Arosa; a concelleira de Cultura, Paz Lago, e o edil de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro. O Concello de Sanxenxo asinará en breve un convenio de colaboración co colectivo para colaborar cos gastos e actividades como xa vén facendo con outras asociacións municipais.

Bouzada explicou que a volta á normalidade da asociación será mañá ás 19 horas na que está previsto un petisco inaugural e unha sesión de baile a cargo do Trío Azabache. "Despois de moito buscar atopamos este local que nos parece que está ben para algo temporal como é o caso", asegurou. A histórica asociación de xubilados de Vilalonga conta con preto de 300 socios que Bouzada confía en que se vaian animando, aos poucos, a volver ás actividades que se vaian organizando.

O alcalde destacou "o acerto" da nova sede social provisional. "Está moi ben situada e é totalmente accesible. Os socios poderán estar aquí comodamente mentras non se constrúe a sede definitiva que temos proxectada xa non antigo colexio do Cruceiro", asegurou. A previsión é que nun prazo de dous anos, a nova sede estea xa lista. "Imos solicitar unha axuda a Europa que sufragaría a obra por completo e senon nola conceden farémola con fondos propios", explicou Martín.

0
0
0
s2sdefault