Concello de Sanxenxo - ESCOLARES DE SANXENXO VISITAN A LONXA E O PEIRAO DE PORTONOVO PARA COÑECER O TRABALLO NO MAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Escolares de Sanxenxo visitaron hai uns días a lonxa de Portonovo para coñecer as instalacións, aprender as distintas artes de pesca e achegarse ao traballo da pesca no mar. A actividade enmárcase dentro do proxecto do GALP Ría de Pontevedra, "EnlonxaTour", na que colabora a Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo.

A actividade consistiu nunha visita á lonxa e peirao de Portonovo. Durante o percorrido, explicóuselles a importancia do medio ambiente para o mar e as diferentes artes de pesca ás que se dedican as embarcacións de Portonovo (cerco, enmalle, nasas e recursos específicos), que especies se capturan con cada unha das artes ou como se caracterizan as embarcacións das diferentes artes.

Apoiándose en fotografías que decoran a lonxa expúxoselles a evolución do sector, a poxa do peixe e a importancia do traballo das redeiras. Tamén puideron presenciar "in situ" unha clasificación de polbo. Durante o paseo polo peirao, explicóuselles os distintos tipos de embarcación e as diferenzas de cada unha delas.

A colaboración entre o departamento de Educación e a empresa Monbús posibilitou o traslado de 170 escolares dos centros de ensino de Nantes e O Cruceiro. Tamén participaron os centros de IES Sanxenxo, CEIP Portonovo e CEIP A Florida que se trasladaron a lonxa de maneira autónoma.

0
0
0
s2sdefault