Concello de Sanxenxo - SANXENXO SERÁ O CENTRO MUNDIAL DE LOITA PRAIA ESTA FIN DE SEMANA NO AREAL DE SILGAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio cóase entre os cinco escenarios internacionais da proba como Turquía, Grecia, Francia e Romanía, referentes neste deporte

Sanxenxo acollerá esta fin de semana na praia de Silgar a segunda serie do Mundial de Loita Praia que se disputa nun total de cinco países como Ortaca (Turquía), Saint Laurent du Var (Francia), Katerini (Grecia) e Constanta (Romanía). Ao municipio chegarán un total de 80 deportistas dun total de 20 nacionalidades diferentes entre os que destacan Georgia, Acerbaixán, Grecia, Tajikistán, Francia ou Portugal. A proba contará cunha vintena de árbitros de distintos países

O concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, presentou esta mañá o evento deportivo xunto ao director técnico da Federación Galega de Loita, Pablo Pintos, e Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia. Unha cita que Arosa destacou de "histórica" por ser a primeira vez que se disputa no municipio e que "demostra a capacidade de Sanxenxo como sede de eventos deportivos de moi alto nivel de carácter nacional e internacional".

Os horarios de competición serán de 10 a 13horas e de 15 a 18horas. As finais quedan reservadas para o domingo 19, de 15:00 a 18:00 horas, onde os deportistas xogaranse as preseas, o trofeo á mellor derriba (o máis espectacular), así como a clasificación final por equipos. Para o evento colocarase na praia de Silgar, unha instalación deportiva, con bancadas, pérgolas e dous círculos de loita (7 metros de diámetro).

A dinámica da competición consiste en que o deportista que consiga 3 puntos antes de que finalice o tempo de combate (3 minutos), gaña. Conséguese 1 punto cada vez que: O adversario pisa fóra do círculo, derrúbase ao adversario e toca a area con calquera parte do corpo que non sexan as plantas dos pés, conséguense 3 puntos e acábase o combate cando se proxecta o adversario polo aire e cae de costas contra a area. No caso de que finalice o tempo, vencerá o deportista con maior número de puntos.
A selección Española de Loita Praia acode con 3 deportistas galegos:
Noelia Lalín, do Club Keltoi de Vila de Cruces, competirá en +70 kg; Cora Axude Pallas, da Escola Axude de Santiso, competirá en + 70 kg e Pablo García García, do Club de Loita Pontevedra, competirá en -80 kg

0
0
0
s2sdefault