Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLERÁ A IX EDICIÓN DO CAMPUS ATLÉTICO DE MADRID
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Campus do Atlético de Madrid volve un ano máis a Sanxenxo, onde os nenos e nenas da comarca poderán gozar unha semana de fútbol, diversión e formación da man de adestradores procedentes da Academia do Atlético de Madrid.
O evento terá lugar as semanas do 18 ao 23 de xullo e do 25 ao 30 de xullo, nas instalacións Municipais de Noalla (Sanxenxo) en horario de 09:30 a 14:00.

As xornadas están dirixidas a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos, que ao longo do Campus desfrutarán de 6 días de adestramento e competicións adaptadas a cada grupo de idade, ademais doutras actividades paralelas. As sesións estarán dirixidas por adestradores da Academia do Atlético de Madrid, que serán os encargados de aplicar a metodoloxía e valores do club branquivermello.

Esta é a novena edición do Campus que se realiza no Concello de Sanxenxo, que o ano pasado acolleu ao redor de 150 participantes ao longo das dúas semanas. Todos aqueles que desexen recibir máis información para a inscrición poderán contactar coa organización do Campus a través do número de teléfono 656 487 890 ou no correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Para máis información:
Organización Campus Atlético de Madrid en Galicia
656 487 890
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

0
0
0
s2sdefault