Concello de Sanxenxo - A PRAIA DE BALTAR CONTARÁ DESDE ESTA FIN DE SEMANA CON CATRO PISTAS DEPORTIVAS E UN RENOVADO AQUAPARK
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A vixilancia increméntase a partir de hoxe a seis praias e, de forma ininterrompida, ata o 15 de setembro

Sanxenxo contará desde esta fin de semana cun amplo despregamento de actividades e servizos nos seus areais. Baltar converterase nun dos epicentros do lecer e deporte do municipio coa instalación de tres pistas de voleibol e unha de fútbol coas que se espera repetir o éxito do ano pasado. Na mesma praia, pero en 1.750 metros cadrados da lámina de auga, atópase un parque acuático inchable que este ano conta con novidades. Pasarelas de monos, ramplas, tubos, trampolín e un novo tobogán enriquecen este ano a oferta desta actividade á que se pode chegar en barca, paddle surf ou nadando. O prezo é de 12 euros adulto e 10 euros por neno. O paddle surf e o surf súmanse a este amplo abanico en praias como Silgar, Baltar, Montalvo, Foxos e A Lanzada.

Ata un total de 10 kioskos, con estética uniforme e renovada desde o verán pasado como unha das condicións do prego para a concesión, repartiranse en 9 praias nalgunhas con servizo desde hai xa semanas como o caso de Silgar. Trátase das praias de Areas, Baltar, Canelas, Paxariñas, Pragueira, Major, Foxos e Montalvo. Vinculadas a estas concesións atópanse os servizos de hidropedales e tumbonas con parasol.

Vixilancia e apertura de baños
Desde hoxe haberá socorristas en seis praias. Aos catro habituais, Areas, Silgar, Canelas e Montalvo, súmanse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada, que contarán con este servizo de forma ininterrompida, ata o 15 de setembro. A partir do 1 de xullo, a vixilancia estenderase ás 17 praias con bandeira azul.
En canto á apertura de baños, esta fin de semana abrirán en todas as praias co servizo de limpeza cada hora e media.

0
0
0
s2sdefault