Concello de Sanxenxo - OS TRABALLOS DE RECUPERACIÓN DE AREA EN LAVAPANOS PROLÓNGANSE ATA MAÑÁ SÁBADO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os traballos de recuperación de area na praia de Lavapanos prolongaranse ata mañá sábado pola mañá. A recuperación de árido está a ser especialmente positiva para a rexeneración desta praia urbana na que nunca antes se fixeron achegues de area. O obxectivo é que recupere o seu perfil natural e que logre fixar a area nas dúas marxes do regato que a atravesa.

Tanto nestes traballos como os da Carabuxeira disponse de barreiras e materiais absorbentes para facer fronte a verteduras accidentais. Ademais, téñense previstas as evacuacións de urxencia da maquinaria empregada e non se levan a cabo nas praias as accións de abastecemento de combustible nin de mantemento da maquinaria. Durante a execución dos traballos, a praia deberá permanecer pechada como medida de precaución.

0
0
0
s2sdefault