Concello de Sanxenxo - O PORTO DEPORTIVO JUAN CARLOS I RECUPERA A ACTIVIDADE DE ANTES DA PANDEMIA E INCREMENTA A VENDA DE COMBUSTIBLE
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A rada municipal xa colgou o cartel de completo para agosto e para xullo só quedan prazas para 8 metros de eslora

Nauta Sanxenxo, a empresa municipal que xestiona o porto deportivo Juan Carlos I, constata a recuperación da actividade con datos similares aos de antes da pandemia. O balance de cifras no que vai de ano reflicte uns datos moi similares ao 2019 e algúns parámetros mesmo son superiores como no caso da venda de combustible durante o pasado mes de maio.
No que vai de ano, un total de 72 embarcacións recalaron no porto deportivo fronte ás 75 do mesmo período en 2019. A cifra deste ano está moi condicionada pola regata celebrada en maio no municipio, xa que o porto mantívose pechado e non se puido dar servizo ás peticións de tránsito. En canto á bandeira das embarcacións, recupérase a perda de barcos estranxeiros, 35.
Outro dos servizos máis demandados é o amarre de motos acuáticas. As oito prazas xa non están dispoñibles nin en xullo nin tampouco en agosto. En canto a amarres, agosto xa está completo e en xullo só quedan amarres para embarcacións de 8 metros.
En canto a combustible, o pasado mes de maio Nauta rexistrou un incremento do 17,07% de venda de litros de gasolina e do 14,35% de gasoil, respecto ao mesmo período de 2019.
O porto deportivo de Sanxenxo conta cunha superficie concesional total de 123.222 metros cadrados. As súas instalacións comprenden unha lámina de auga de 90.000 metros cadrados, 450 puntos de amarre e máis de 25.000 metros cadrados de espazo peonil. Aos amarres correspondentes ao aluguer estival e os que son de carácter anual fixo súmanse as concesións e os amarres variables para o tránsito de embarcacións.

Desde Nauta Sanxenxo incídese no interese crecente polo aluguer de amarres para todo o ano, especialmente de barcos de eslora de máis de 18

0
0
0
s2sdefault