Concello de Sanxenxo - SANXENXO ADIANTA A ESTE DOMINGO A CELEBRACIÓN DO DÍA DO ORGULLO LGTBI+
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo celebrará este domingo o Día do Orgullo LGTBI+ cunha actuación de Pablo Méndez Performance pola Rúa dos Viños de Portonovo. O espectáculo "Little Garden" encherá de colorido e fantasía as rúas a partir das 13:30 horas. A actuación enmárcase dentro das accións do Centro de Información á Muller para promover o respecto, a igualdade e visibilidade das distintas orientacións sexuais e identidade de xénero. Os locais da Rúa dos Viños que participen nesta celebración regalarán pulseiras multicor por cada consumición e a rúa engalanarase con bandeiras arcoíris.

Ademais, Arelas, a asociación formada por familias de nenos, nenas e adolescentes trans, disporán dun espazo informativo na celebración para que o que o desexe poida acudir. O Concello de Sanxenxo quere mostrar así o compromiso institucional coa diversidade e a liberdade afectivo sexual corporal e de xénero

0
0
0
s2sdefault