Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOMETE OBRAS DE MELLORA PARA A POSTA A PUNTO DOS CENTROS EDUCATIVOS E DA ESCOLA UNITARIA DE AIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Operarios municipais de Obras e Servizos iniciaron estes días a construción dunha caseta para almacén no patio do CEIP de Nantes

Como cada verán, a Concellería de Educación dirixida por Paz Lago está a acometer traballos de mantemento nos centros educativos públicos do municipio. O obxectivo é mellorar as condicións nas que estuda o alumnado e traballan os docentes para o próximo curso escolar.


Tras conversacións mantidas sobre as necesidades de cada centro cos equipos directivos de cada colexio e da escola unitaria, a semana pasada operarios municipais de Obras e Servizos iniciaron os traballos no CEIP de Nantes coa construción dunha caseta exterior situada no patio para almacenar xoguetes e ferramentas de horta. Tamén está previsto o pintado do muro do patio de Educación Infantil. Independentemente destas obras de mantemento, as obras do peche do pavillón de Nantes e os aseos anexos ao edificio avanzan a bo ritmo para que poida ser gozado xa o próximo curso.


No CEIP Magaláns realizarase unha ampliación do escenario e colocarase tarima na aula de música. Tamén se realizará a limpeza dos canalóns e pintaranse as fachadas do edificio principal.
No CEIP Telleiro realizarase unha reposición do peche perimetral do colexio e do valo da zona de xogos infantís. Con ambas as actuacións mellorarase a seguridade do alumnado no centro.
No CEIP Portonovo procederase á reposición de paneis e portas nas aulas de relixión, música e sala de exposicións; realizaranse unha reforma do baño de Educación Infantil e un cambio de tubaxes. Tamén se colocarán corchos en distintos espazos.
No CEIP da Florida mellorarase os dispositivos de seguridade coa instalación de sensores, pintaranse os muros do centro e instalaranse puntos de rega en diferentes zonas do centro.
Na EEI Aios realizarase o pintado exterior da escola.
Ademais destas obras, en cada centro realizaranse traballos menores de mantemento como pintado de aulas, arranxo de persianas e canaletas, así como subministración de material eléctrico e de fontanaría.
O orzamento total destas obras ascende a 62.135 euros, pero as obras alcanzan case os 80.000 euros se se suman as realizadas ao longo do ano.

0
0
0
s2sdefault