Concello de Sanxenxo - A PRAZA DOS BARCOS ACOLLERÁ UNHA ALFOMBRA DE FLORES DEDICADA AO "CAMIÑO ROTEIRO DO PAI SARMIENTO"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas confeccionará este sábado, a partir das 9 da mañá, na Praza dos Barcos unha alfombra de flores dedicada ao "Camiño Roteiro do Pai Sarmiento" con motivo da promoción do Xacobeo 21-22. Esta alfombra enmárcase dentro do programa "O teu Xacobeo", destinado á dinamización sociocultural do Camiño Santiago e a promoción do Xacobeo 21-22, promovido pola Xunta de Galicia.
 
A alfombra que se vai a realizar englóbase no proxecto denominado "Alfombras para o Camiño", co que pór de relevo os diversos camiños que conflúen en Santiago de Compostela, a través dunha tradición como son as alfombras de flores que cada ano se realizan en centenares de vilas e pobos de Galicia e España, con motivo das festas do Corpus Christi.
 
En 1745, Frei Martín Sarmiento, un monxe dominico de orixe galega, regresou desde Madrid á súa terra natal para realizar unha peregrinación ata Santiago de Compostela, percorrendo a liña costeira entre Pontevedra e Padrón e que deixou documentada na súa obra "Viaxe a Galicia". Ao longo dela, respírase non só o aire mariño senón tamén toda a historia e tradicións da rexión, reflectida na súa arquitectura civil e relixiosa, pazos como os de Cambados, Rubiáns, Ulloa, Torrado e Vista Real, xacementos arqueolóxicos ou pintorescas vilas mariñeiras e praias para todos os gustos. A ruta discorre polos municipios de Poio, Sanxenxo, O Grove, Meaño, Cambados, Vilanova de Arousa, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Ao comezo do noso percorrido pola Ruta do Pai Sarmiento, camiñando ou pedaleando pola comarca do Salnés, unha das primeiras paradas é Sanxenxo. De aí, que a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas realice esta mostra en Sanxenxo.
0
0
0
s2sdefault