Concello de Sanxenxo - O CONCELLO SACARÁ A CONCURSO O MANTEMENTO E MELLORA DOS PARQUES INFANTÍS POR CASE 119.122 EUROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A adxudicataria terá de prazo máximo tres meses para acometer os traballos en 25 áreas lúdicas municipais

O Concello de Sanxenxo sacará a concurso nos próximos días o mantemento e melloras dos 25 parques infantís do municipio por 119.122 euros. O desgaste provocado polo paso do tempo e, nalgúns casos, o uso inapropiado destes espazos provocou que non se atopen nun estado óptimo para o seu goce.

A empresa adxudicataria deberá realizar os seguintes traballos nun prazo máximo de 3 meses:

  • En Dorrón actuarase no parque infantil e zona biosaudable de Areas
  • En Bordóns mellorarase o parque infantil de Outeiro e parque biosaudable de O Sear.
  • En Padriñán melloraranse os parques de Miraflores, Panadeira e Punta Vicaño.
  • En Adina actuarase nos parques de Baltar, Praza Pública, Espiñeiro, San Roque, Seame I, Seame II e o do campo de festas de Arra.
  • En Noalla, os parques da igrexa de Aios, Soutullo, igrexa de Noalla e A Revolta.
  • En Vilalonga, os parques da praza de abastos, Arnosa, Salgueira, Praza Pública e capela de Gondar.
  • En Nantes mellorarase o parque de Contumil e o da igrexa.

Substitución de pezas de xogos, reparacións de elementos, eliminación de óxido ou renovación de valados e superficies son as necesidades máis recorrentes que presentan os parques do municipio. Unha posta a punto que deberá incluír tamén tarefas de mantemento por parte da empresa que execute os traballos durante polo menos un ano.

No apartado de melloras, valoradas en 7.941 euros, inclúese a limpeza inicial dos parques infantís e áreas biosaludables, a substitución do bordo de madeira por un de granito dos campos de chave e petanca en O Espiñeiro-Campos e o cambio de tornillería e reforzo dos bancos por uns de aceiro inoxidable.

0
0
0
s2sdefault