O incremento poboacional no verán obriga a redobrar esforzos e efectivos no persoal da Policía Local de Sanxenxo para atender as demandas dos cidadáns e garantir a seguridade. O persoal habitual, os meses de verán, refórzase con 35 auxiliares, algúns comezan xa en Semana Santa para responder as necesidades de cada xornada.
Durante o pasado mes de xullo, rexistráronse 2.419 chamadas, unha media de 78 chamadas diarias. Os principais motivos foron a solicitude de información (874), requirir a intervención nun accidente de tráfico (244), queixas por ruídos (187) ou actuacións con animais (103). Ademais, as estatísticas da Policía Local revelan a tramitación de 5 atestados xudiciais (2 delitos contra a seguridade do tráfico, 1 denuncia por danos, 1 denuncia por lesións leves e 1 detención por atentado contra os axentes da autoridade. Ademais, recolléronse 114 obxectos perdidos.
O maior número de denuncias son de tráfico, 985. En canto a incumprimentos da ordenanza de convivencia cidadá destacan 47 denuncias por satisfacer necesidades fisiológicas en espazos públicos. Unha infracción considerada grave e cuxa sanción pode alcanzar os 400 euros.
A POLICÍA LOCAL DE SANXENXO TRAMITOU EN XULLO 985 DENUNCIAS DE TRÁFICO E RECIBIU 2.419 CHAMADAS

powered by social2s