Concello de Sanxenxo - VICTORIANO OTERO, PREMIO SANXENXO NA HISTORIA: "É UNHA SATISFACCIÓN RECOLLER UNHA COLLEITA SEMENTADA DÍA A DÍA DE FORMA SILENCIOSA"
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

As Xornadas de Sanxenxo na Historia chegaron onte a súa última xornada cunha mesa redonda sobre natureza e a entrega do Premio Sanxenxo na Historia a Victoriano Otero. Emocionado por un recoñecemento polo seu labor de investigador e historiador de Sanxenxo, Otero explicou que nestes días "recibín unha calor especial de moita xente. Falouse moito e ben de min".

Otero non ocultou a súa satisfacción por "recoller no inverno da miña vida unha colleita que sementei día a día de forma silenciosa e calada". Os seus méritos laborais e profesionais sempre vinculados a Sanxenxo leváronlle a recibir, nin máis nin menos que nove votos de graza. "É algo paradoxal porque ninguén na historia recibiu un e eu teño nove", explicou orgulloso. O seu labor incansable e o seu interese pola historia de Sanxenxo fixo que escribise diversas publicacións recoñecidas e mesmo premiadas como o Plan de Desenvolvemento elaborado en 1973 e que supuxo un "chorreo de diñeiro para Sanxenxo". O seu labor divulgativo en Fitur e mesmo en materia urbanística seguiu elevando a súa traxectoria profesional na provincia.

Entre libros e documentos está o seu hábitat natural. As súas grandes paixóns son a grafoloxía e a heráldica e é socio da Asociación Académica de Xenealoxía Heráldica de Galicia.

Durante esta última xornada celebrouse unha última mesa dedicada á natureza na que participaron Pedro Alonso Seoane con "A outra paisaxe de Sanxenxo: Os fondos mariños" e Francisco Chan Méndez, presidente da Asociación de Clubs de Casa Maior de Galicia, con "Especies cinexéticas no Salnés". A concelleira de Cultura e Educación, Paz Lago, foi a encargada de presidir e moderar a mesa. Os relatores falaron da riqueza dos fondos mariños e das "múltiples cores e a diversidade do mar, aínda moi descoñecida" e da transformación do rural nos últimos 30 anos. "O abandono do monte provocou unha eliminación de especies como a lebre, a perdiz ou o coello, e unha proliferación do xabarín, lobos ou cérvidos na comarca", explicou Chan. "Poderíamos recuperar os ocres do outono cunha xestión forestal axeitada que hoxe non existe e recuperar as especies que se están perdendo como se perdeu o rural de outrora", asegurou.

0
0
0
s2sdefault