Concello de Sanxenxo - ADINA CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA AS SÚAS FESTAS NA HONRA A SAN MIGUEL E A VIRXE DO ROSARIO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Adina celebra esta fin de semana tres días de festa en honra a San Miguel e a Virxe do Rosario. A programación arrincará este venres coa Festa da Xuventude. Ao mediodía, unha tirada de fogos anunciará o comezo das festas e, a partir das 21:30, comezará un gran espectáculo coa orquestra A Fórmula e o disco móbil CDC Coruña.

O sábado, o grupo de gaitas Os Gatiños e unha charanga percorrerá a parroquia anunciando a festividade de San Miguel. Ás 12 horas celebrarase a misa solemne con procesión e sesión vermú. Ás 21:30, a verbena contará con orquéstralas Fama de Vigo e o trío Arena.

O domingo, coincidindo coa festividade da Virxe do Rosario, celebrarase a tradicional festa gastronómica na que se poderá degustar orella, callos e empanada a prezos populares tras a misa solemne e a procesión que terá lugar ás 12 horas. A celebración gastronómica estará amenizada polo trío Arena. Durante o sábado e o domingo, a comisión de festas realizará distintos sorteos de estancias en hoteis, sesión spa e ceas entre os asistentes.

cartel festas adina

0
0
0
s2sdefault