Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACOLLE ESTE SÁBADO O IX CAMPIONATO GALEGO E NORTE DE ESPAÑA DE FISIOCULTURISMO E FITNESS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cita deportiva terá lugar a partir das 16:30 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán

A Asociación Española de Fisicoculturismo e Fitness (AEFF) celebra un ano máis en Sanxenxo o IX Campionato Galego e Norte de España AEFF no Auditorio Emilia Pardo Bazán. O evento deportivo, terá lugar este sábado a partir das 16:30 horas.

Nel poderanse ver atletas en diferentes categorías: Principiantes culturismo, Bikini, Men Physique junior, Men Physique alta, Men physique baixa, Classic physique alta, Classic physique baixa, Culturismo alta e Culturismo baixa, Absoluto de Men Physique, Absoluto de Classic Phyisique e Absoluto de Culturismo que loitarán por alzarse co primeiro posto.
Body Sport Team de Pontevedra leva nove edicións organizando este campionato que foi presentado esta semana polo concelleiro de Deportes, Daniel Arosa, e o presidente da AEFF, Julio García Pampín.

0
0
0
s2sdefault