Concello de Sanxenxo - AS OFICINAS DE TURISMO DE SANXENXO RECIBIRON EN SETEMBRO UN 36,53% MÁIS DE VISITANTES QUE EN 2019
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O 71,24% dos turistas non coñecían o municipio e o 73,93% solicitou información sobre que visitar

As oficinas de turismo de Sanxenxo recibiron en setembro un 36,53% máis de visitantes que en 2019. En total, pasaron polos puntos de información situados no porto deportivo de Sanxenxo e Portonovo 1.292 persoas, 1.112 procedentes do territorio nacional e 180 do estranxeiro. Castela León e Madrid encabezan o ranking da orixe de visitantes con 215 e 219, respectivamente, aínda que nas estatísticas figuran turistas das 17 comunidades autónomas españolas. Por número, séguenlle o País Vasco, 130, Asturias,113 e Galicia, 86.

En canto aos visitantes estranxeiros, ás oficinas de información turística recorreron alemáns (3), australianos (2), belgas (2), estadounidenses (4), franceses (16), holandeses (2), ingleses (4), irlandeses (4), italianos (4) e portugueses (139). O peso do turismo procedente de Portugal segue despuntando nas estatísticas cuatriplicando as cifras de 2019.

En canto ao perfil do turista, o maior número de visitantes de setembro atópanse na franxa de idade de entre 35 e 60 anos e de máis de 60. O 73,93% pediron información sobre que visitar, o resto dos turistas acudiron por un plano, viaxes a illas en barcos, natureza ou gastronomía. Respecto ao aloxamento, o 58,43% elixiron un hotel, o 22,02% optaron por un apartamento, mentres que o resto optaron por caravana, cámping, casa rural ou pensión.

A oficina de Portonovo, que este ano estará aberta todo este mes de outubro, de 10 a 14 horas e de 16 a 19:30 horas, recibiu o pasado mes 625 turistas e a de Sanxenxo, 487. O punto informativo de Sanxenxo recibiu 487 visitantes.

0
0
0
s2sdefault