Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ASINARÁ UN ACORDO CON SEO BIRDLIFE PARA COLABORAR NA DIVULGACIÓN E PROTECCIÓN DE AVES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As obras de adecuación do antigo mercado de Vilalonga como nova sede do Banco de Alimentos deron comezo onte

A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO Birdlife) e o Concello de Sanxenxo asinarán proximamente un acordo de colaboración para realizar actividades de conservación de aves e divulgación científica da biodiversidade no complexo intermareal e a Rede Natura 2000. Un espazo que abarca desde o istmo da Lanzada ao litoral da ría de Arousa, que inclúe un dos nove humidais máis importantes de España, protexido polo convenio Ramsar, un selecto club do que forman parte tan só 2.326 humidais no mundo, ademais das figuras de protección europeas ZEC e ZEPA.
Mentres se redacta o proxecto de mellora e posta en valor do edificio da Telleira e a súa contorna, o alcalde, Telmo Martín, e o representante de SEO Birdlife en Pontevedra, Gustavo Ferreiro, decidiron no último encontro asinar un acordo de colaboración que permita iniciar xa a actividade na zona como paso previo a un acordo de custodia do territorio que o colectivo xa ten con outros concellos. "Este humidal é un dos mellores do norte de España tanto polo número como pola variedade de especies que chegan do norte de Europa a invernar a esta zona. Ten un valor natural incalculable que hai que protexer e dar a coñecer", explica Gustavo Ferreiro.
A Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO Birdlife) fixará a súa primeira sede galega no edificio da Telleira como xa se contemplou no proxecto de recuperación que se financiará a través dos fondos Next Generation. O contido do edificio virará en torno ao medio ambiente e a recuperación desta fachada marítima e nel incluirase tamén as dependencias municipais de Medio Ambiente.

Na actualidade, A Telleira acolle a sede do Banco de Alimentos Rías Baixas que se trasladará ao centro de Vilalonga, ao edificio do antigo mercado. Onte mesmo  deron comezo as obras de adecuación que permitirá dotar a este servizo dun edificio de 211 metros cadrados. Tras esta obra, o interior quedará distribuído cun almacén que será unha gran sala diáfana, un aseo adaptado e unha cámara de frío. Así mesmo, faranse traballos de illamento, pintado, fontanaría e electricidade, á vez que se mellorará o acceso ás instalacións, dotando á entidade social dunhas instalacións máis modernas.

0
0
0
s2sdefault