Concello de Sanxenxo - SANXENXO PARTICIPARÁ COMO RELATOR NO CONGRESO INTERNACIONAL DE BANDEIRA AZUL QUE SE CELEBRARÁ EN GRAN CANARIA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A tenente de alcalde, María Deza, abrirá coa súa intervención a mesa dedicada a Educación Ambiental na segunda xornada da cita

Sanxenxo será o único concello do noroeste de España que participará no Congreso Internacional de Bandeira Azul en Gran Canaria que terá lugar os días 2, 3 e 4 de novembro. Un foro no que administracións públicas, entidades de alcance mundial, institucións docentes e empresas privadas debaterán ao redor da sustentabilidade, a saúde e a seguridade nas praias.
A tenente de alcalde, María Deza, será a encargada de abrir coa súa intervención a mesa dedicada a Educación Ambiental na que tratarán as medidas que lograron que Sanxenxo se manteña imbatible desde 2003 como municipio español con máis bandeiras azuis en areais. En total, conta con 17 distintivos en 18 praias, 7 sendeiros azuis, un novo, o de Aldariz, logrado este mesmo ano, 2 bandeiras azuis en portos, un club náutico e un centro azul, o da Telleira.
Sanxenxo inviste cada verán 1,2 millóns de euros nos servizos de praias con bandeira azul. A maior partida destínase a salvamento e socorrismo, con máis de 670.000 euros, seguida dos operarios de limpeza, 160.000 euros. A aposta do goberno por este distintivo vén referendada polos 17.000 usuarios de media que visitan a diario os 6.790 metros de praias con bandeira azul, o 16,33% da costa do municipio.
Nos últimos 5 anos, Sanxenxo realizou unha media anual de 15 actuacións de educación ambiental, conta con 18 paneis informativos en praias, 18 paneis dinámicos e 6 praias dentro do espazo protexido Rede Natura 2000 que axudan a reforzar a importancia do coidado da contorna.
A calidade e o control da auga é outra das claves no posicionamento de Sanxenxo como líder nestes distintivos. Un total de 18 praias están dentro do censo oficial do Programa de Vixilancia Sanitaria das Zonas de Baño de Galicia con cualificación de excelente.

0
0
0
s2sdefault