Concello de Sanxenxo - O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DA AMPLIACIÓN DA EDAR DE PAXARIÑAS E A MELLORA DE BOMBEOS ULTIMA A SÚA TRAMITACIÓN COA SAÍDA A EXPOSICIÓN PÚBLICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

 

Un acordo entre Sanxenxo, Poio e Acuaes permitirá realizar un investimento de 17 millóns de euros na mellora de saneamento e depuración

O Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico deu luz verde á incoación do expediente de información pública do "Proxecto de construción de ampliación da EDAR de Paxariñas e actuacións en colectores". Unha vez se publique o documento no BOE e no BOP, as persoas interesadas poderán consultalo durante un prazo de 20 días.

O acordo a tres bandas entre Sanxenxo, Poio e Acuaes permitirá un investimento de 17 millóns nesta primeira fase para a mellora e modernización da rede de saneamento e depuración. As obras teñen un prazo de execución de 18 meses e está previsto que se liciten en 2023. A actuación será cofinanciada nun 50% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder 2014-2020. O outro 50% adiántao Acuaes, 8,5 millóns, que serán devoltos por Sanxenxo (5,5 millóns) e Poio (3 millóns) nun prazo de 25 anos.

En Sanxenxo, a ampliación prevista na EDAR de Paxariñas permitirá duplicar a capacidade de tratamento e pasar de dous a catro fases cun pretratamento, unha decantación secundaria, un tratamento biolóxico, e unha desinfección por ultravioleta. A decantación realizarase con 4 novos depósitos de 28,3 metros de diámetro que se situarán nunha parcela lindeira de 8.000 metros cadrados.

O proxecto inclúe ademais un novo bombeo en Areas e melloras nos de Dorrón, Nanín, Porto de Sanxenxo, O Espiñeiro e Montalvo. Outra actuación de gran calado incluída no proxecto é a execución do novo emisario submarino de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro.

0
0
0
s2sdefault