Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PON A PUNTO OS CEMITERIOS PARA O DÍA DE TODOS OS SANTOS E DE DEFUNTOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo puxo a punto nos últimos días os seis cemiterios do municipio para a celebración do Día de Defuntos e o Día de Todos os Santos. Os traballos deron comezo hai días nos dous camposantos de titularidade municipal, o de Dorrón e o de Sanxenxo, con podas e limpezas de zonas ou espazos comúns. En ambos os cemiterios ampliarase o horario de apertura o Día de Todos os Santos, de 9 a 21 horas.

O Concello colabora tamén cos xestores dos cemiterios de Nantes, Adina, Noalla e Vilalonga, en tarefas de limpeza, así como con traballos de mantemento. Operarios municipais revisaron estes días as zonas axardinadas e comúns, así como os puntos de luz e os viarios de acceso para reforzar a seguridade viaria e interior do camposanto. Tamén se comprobaron os puntos de auga.

0
0
0
s2sdefault