Concello de Sanxenxo - SANXENXO REDOBRA A SÚA APOSTA POLA RECICLAXE ORGÁNICA COA REPARTICIÓN DE 100 COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS E A PRÓXIMA INSTALACIÓN DE 3 COMUNITARIOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello adxudicou a Hitraf S.A. por 48.689 euros a adquisición de dúas biotrituradoras para o tratamento de podas

O Concello de Sanxenxo redobra a súa aposta pola reciclaxe orgánica coa repartición de 100 composteiros individuais gratuítos que se repartirán entre os veciños e veciñas que o soliciten na oficina de Medio Ambiente. O departamento xestionado por Juan Deza leva xa máis de 300 composteiros distribuídos no municipio aos que agora se suma esta nova remesa.

Nos próximos días, instalaranse tres novos centros de compostaxe en Nantes, Baltar e Sanxenxo, adxudicados por 41.824 euros, que se sumarán ao que existe actualmente no parque do Espiñeiro en Portonovo. Coa posta en marcha desta rede de composteiros comunitarios búscase xestionar a fracción orgánica dos residuos municipais dun modo máis sustentable minimizando a cantidade de fracción orgánica que se deposita na bolsa resto.

Na mesma liña, o Concello acaba de adxudicar a Hitraf S.A. a adquisición de dúas biotrituradoras por 48.689 euros para tratar os restos de poda e utilizalos como material estruturante dos biorresiduos nos composteiros comunitarios. Con estas dúas actuacións prevese reducir un 40% as emisións de gases efecto invernadoiro no municipio.

Ambas as actuacións estarán cofinanciadas polo Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation, ao 90%. O Concello deberá asumir o 10% da actuación e o custo do IVE.

Para fomentar e achegar a reciclaxe ás distintas parroquias, o Concello puxo en marcha en 2020 o punto limpo móbil. Con esta incorporación reforzouse a recollida selectiva de residuos que carecen dun sistema convencional para desbotálos como baterías de teléfonos, toners, pilas, pequenos electrodomésticos ou algúns envases e residuos sólidos específicos.

Para a xestión doutros residuos especiais, Sanxenxo dispón do punto limpo na parroquia de Padriñán e dun sistema de recollida de voluminosos, previa comunicación telefónica: 638 240 885 (de 9 a 14 horas de luns a venres)

0
0
0
s2sdefault