Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACUMULA UNHA REDUCIÓN DO PARO DO 45% RESPECTO DE OUTUBRO DE 2017 E SITÚA A SÚA TAXA DE DESEMPREGO NO 8,5%
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O parking de Nauta volve rexistrar unha cifra marca no décimo mes de ano cunha facturación de 25.152 euros

O desemprego continúa acumulando baixadas en Sanxenxo. Nos últimos cinco anos, o municipio reduciu o seu paro nun 45% que se concreta en outubro con 677 parados, unha cifra máis habitual de meses como xullo e agosto, pero a máis baixa rexistrada na serie histórica de outubro, tendo en conta o incremento de poboación. A taxa de paro atópase na 8,5% fronte ao 12,7 de España e do 10,8% de Galicia. A baixada de outubro acumúlase á rexistrada nos nove meses previos en comparación co 2019, ata agora o mellor ano de emprego. En definitiva, uns datos que sitúan a Sanxenxo como municipio onde máis se reduciu o paro no último ano.

"Estamos moi satisfeitos. Quitámonos o sambenito de ser un municipio estacional que só xera ou é fonte de emprego no verán. Somos moi conscientes que detrás destes 677 desempregados hai familias e o noso obxectivo é crear as circunstancias propicias para que atopen un traballo", asegura o alcalde, Telmo Martín.

En canto ao perfil de persoa sen emprego en Sanxenxo, 648 son maiores de 25 e 29 menores desa idade. En canto ao sexo, 357 son mulleres e 320 son homes. En canto ao sector con máis parados, servizos concentra 512, seguido de industria (66), construción (52) e agricultura e pesca (18).

Estas cifras acompañan tamén aos bos datos de facturación do parking de Nauta do que xa se benefician 3.137 veciños de dúas horas gratuítas. O pasado mes de outubro ingresáronse 25.152 euros, unha cifra superior á rexistrada en 2019 no que se facturaron 21.994 euros.

Departamento de Emprego
O Concello de Sanxenxo hai máis de 15 anos que é socio do Servizo Público de Emprego de Galicia cun departamento propio de emprego no que se recollen currículos de demandantes de emprego, así como ofertas de traballo. Con este servizo público e gratuíto preténdese ofrecer á poboación do municipio unha atención integral en materia de emprego pondo a disposición de todos, información sobre aqueles temas en materia de emprego e inserción laboral a través dun boletín de emprego semanal que é colgado nas redes sociais municipais e cunha atención personalizada de luns a venres no Pazo Emilia Pardo Bazán.

Entre as funcións deste servizo atópanse: Itinerario de inserción laboral, tratamento de demandas de emprego, captación e tratamento de ofertas de emprego, renovación da demanda de emprego, apoio a intermediación entre a oferta e a demanda, información e axuda a realizar un currículo vitae de cada demandante, información de programas de emprendemento e axudas, información de certificado dixital, chave 365 ou Cl@ve, cursos, entrega de documentación en diferentes organismos e formación dixital básica. Os interesados poden chamar ao teléfono 986 727 936 (Extensión 2305) ou solicitar cita no correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

0
0
0
s2sdefault