Concello de Sanxenxo - O BOXEO AFIÁNZASE NO MUNICIPIO CO PRIMEIRO CLUB PIBE'S TEAM SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A práctica do boxeo afiánzase no municipio coa creación do primeiro club local, Pibe's Team Sanxenxo que empezou a súa actividade hai unhas semanas nun espazo do pavillón municipal de Vilalonga. Unha sala que o club adaptou ás súas necesidades para a realización deste deporte nunha contorna adecuada e profesional con tatami, ring, sacos, pera rápida, pera de auga e punching.

Nesta sala impártense clases tanto a nenos e nenas como adultos cunha hora de duración e dirixidas polo monitor, Sebastián Laterza. O prezo dentro das escolas municipais para nenos e nenas é de 20 euros por dous días á semana e unha hora de duración. No caso do boxeo infantil non existe contacto físico. Trátase dun boxeo educativo. Os adestramentos compóñense principalmente de xogos, acompañados de estiramentos e técnica. Ao adestrar, o monitor emparellaraos con nenos de idade e habilidade similar.

En canto ao horario infantil, as clases serán os luns e mércores, de 6 a 10 anos, de 18 a 19 horas, e os nenos e nenas de 10 a 15 anos, de 19 a 20 horas. No caso de adultos, serán os luns, mércores e venres de 10 a 11:15, de 20 a 21 e de 21 a 22:15 horas. Os venres serán de 10 a 11:15 e de 20 a 21:30 horas.

A actividade incluíuse, por primeira vez, o ano pasado nas escolas deportivas municipais cunha gran resposta de inscritos. Este ano, o club local conta xa con máis de 40 nenos e nenas inscritas.

0
0
0
s2sdefault