Concello de Sanxenxo - PORTONOVO CELEBRARÁ SANTA CATALINA CON MÚSICA, BAILE E ACTOS LITÚRXICOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Portonovo celebrará a próxima fin de semana a festividade en honra á súa patroa Santa Catalina con música, baile e actos litúrxicos. Unha carpa cuberta no recinto portuario acollerá as actividades que se desenvolverán durante tres días.

O venres 25 terá lugar o "Serán dos Jatos", a partir das 20 horas, con baile, música tradicional, choripán e chocolatada popular. O acto será de carácter aberto para todas as persoas que asistan e queiran participar.

O sábado 26, pola mañá haberá alborada a cargo dos grupos "Lembranzas e Os Gatiños". Ao mediodía, celebrarase a misa. Se o tempo permíteo celebrarase a tradicional procesión coa imaxe ata o porto, onde se embarcará para realizar o percorrido marítimo e a ofrenda. A continuación, a música trasladarase á carpa. Pola noite, a partir das 22 horas, a orquestra Solara porá o broche á xornada.

O domingo 27, a partir das 12 horas haberá sesión vermú amenizada por Studio 21 baixo a carpa da festa. Ás 17 horas, terá lugar un festival de baile rexional.

0
0
0
s2sdefault