Concello de Sanxenxo - O PORTUGUÉS "SELJM" E O ESPAÑOL "BRIBON 500" LIDERAN O TROFEO CONCELLO DE SANXENXO DE 6 METROS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Hoxe venres comezou en Sanxenxo a última serie da Copa de España de 2022 baixo o Trofeo Concello de Sanxenxo, e fíxoo coa disputa a partir das catro da tarde da primeira proba na ría de Pontevedra cun vento de entre oito e doce nós do noroeste.

Os vencedores da única proba celebrada hoxe foron o portugués "Seljm" de Patrick Monteiro de Barros en Open e o "Bribon 500" de José Cusí, patroneado nesta ocasión polo campión olímpico (Moscova ´80) Alejandro "Jane" Abascal, na división de Clásicos.

Tras o barco portugués na división Open, foi o barco sueco "Delphina" de Michael Larsson o que cruzou a liña de chegada en segunda posición tras un man a man co español "Stella" de Violeta Álvarez, que completou o podio provisional.

En Clásicos, tras a vitoria do "Bribon 500" clasificáronse o "Titia" de Alicia Freire, patroneado por Mauricio Sánchez-Bela, e o finlandés "Valdai" de Dirk Stolp, segundo e terceiro respectivamente.

Mañá sábado, segunda xornada de Trofeo Concello de Sanxenxo. O comité de regatas presidido polo marinense Alejandro Martín tentará forzar as horas de luz para tentar facer ata tres probas máis, comezando a xornada ás 13:00 horas.

Clasificacións:
Open
1º Seljm (CN Cascais), 1 punto
2º Delphina (R. Thames Yacht Club), 2 puntos
3º Stella (RCN Sanxenxo), 3 puntos

Clásicos
1º Bribon 500 (RCN Sanxenxo), 1 puntos
2º Titia (RCN Sanxenxo), 2 puntos
3º Valdai (Koninklijke W.V.L), 3 puntos

PRENSA REAL CLUB NÁUTICO DE SANXENXO

0
0
0
s2sdefault