Concello de Sanxenxo - SANXENXO CONTARÁ CUN ORZAMENTO DE 39 MILLÓNS PARA 2023 CUN INCREMENTO DO 21,6% EN GASTO SOCIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O goberno levará as contas do Concello, Ínsula, Terra, Nauta e Turismo ao pleno ordinario do próximo 28 de novembro

O goberno levará ao Pleno ordinario do 28 de novembro o orzamento de Sanxenxo para 2023. As contas previstas para o próximo ano alcanzan a cifra de 39.295.602 euros, nelas inclúense as partidas do Concello, Ínsula, Turismo, Terra e Nauta. O crecemento do orzamento para o próximo ano respecto de 2022 (32,5 millóns) débese fundamentalmente aos fondos Next Generation e á Xunta de Galicia.

O esforzo investidor en gasto social incrementarase un 21,6% en servizos como o Servizo de Axuda non Fogar, escolas infantís e Centro de Día cun investimento total de 2.008.800 euros. A cifra crece ata os 2,6 millóns se se inclúen tamén o CIM, Taller de Memoria, Educación para Maiores e Servizos Sociais. Por tanto, o gasto social por habitante volve aumentar por sétimo ano consecutivo e sitúase nos 148 euros.

No apartado de investimentos, o orzamento do próximo ano contempla proxectos nos que se inclúen fondos propios (2.754.563 €) e fondos procedentes da Xunta de Galicia e de Europa (6.648.896 €). Entre as actuacións previstas está a reforma da Praza do Pazo (358.563 €), o boulevard de Portonovo (1.564.020 €), a mellora do Pazo Emilia Pardo Bazán (1.834.775 €), a rehabilitación do vello colexio de O Cruceiro (2.496.100 €), o campo de festas de Dorrón (150.000 €), mercado de Sanxenxo (1.000.000 €), a recuperación da Ría de Arousa e o Pazo de Quintáns (2.000.000 €) a nave multiservicios municipais (1.500.000 €) e a 1ª Fase de Batea en Terra (1.500.000 €). Hai que ter en conta ademais que no orzamento de 2023 non se inclúen axudas xa comprometidas pola Xunta de Galicia de 1,5 millóns de euros previstas para o mercado de Sanxenxo ou proxectos asumidos polo goberno como o campo de fútbol de Dorrón que se realizará co remanente de tesouraría. Os investimentos municipais centraranse o próximo ano en proxectos plurianuais como o caso do boulevard de Portonovo e no cofinanciamiento de actuacións con outras administracións.
O alcalde, Telmo Martín, a tenente de alcalde, María Deza, e a concelleira de Facenda, Paula Martínez, mantiveron esta semana un encontro cos portavoces da oposición como primeira toma de contacto e o próximo 23 celebrarase a comisión de Contas, previa ao Pleno na que se profundará na documentación do orzamento.

0
0
0
s2sdefault