Concello de Sanxenxo - Seljm e Bribon 500, VENCEDORES DO TROFEO CONCELLO DE SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Hoxe domingo finalizou en Sanxenxo a última serie da Copa de España da clase 6 Metros de 2022, iniciada o pasado mes de marzo, coa disputa desde o pasado venres do Trofeo Concello de Sanxenxo.

O día non permitiu ao Comité de Regatas dar a saída a ningunha proba xa que o vento non se estableceu nin en dirección nin en intensidade en ningún dos campos de regatas previstos para este trofeo sobre a ría de Pontevedra.

Desta forma as clasificacións provisionais de onte sábado son as válidas para as finais de hoxe, co barco portugués do Clube Naval de Cascais "Seljm", de Patrick Monteiro de Barros, como vencedor na división Open, mentres que na división Clásicos foi o barco español do Real Club Náutico de Sanxenxo, o "Bribon 500" de José Cusí, patroneado por Pedro Campos e Jane Abascal, quen demostrou o seu potencial nas dúas probas realizadas sumando dúas vitorias.

Copa de España
A entrega de premios celebrada esta tarde nas instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo foi por partida dobre debido a que ademais da entrega dos premios do Trofeo Concello de Sanxenxo tamén foi a entrega das placas dos campións da Copa de España. Os encargados de entregar os premios foron o concelleiro de deportes do Concello de Sanxenxo, Daniel Arosa, o xerente de Nauta Sanxenxo, Jesús Quintáns, o presidente da clase 6 Metros en España, Mauricio Sánchez-Bela, o secretario do Real Club Náutico de Sanxenxo, Isidoro Sabell, e o presidente do club Pedro Campos.

O título de campión da Copa de España de 6 Metros en 2022 na división Open foi para o "Stella" de Violeta Álvarez grazas ao cómputo de todas as probas disputadas este ano, seguido do portugués "Seljm" de Patrick Monteiro de Barros e do barco do Real Club de Regatas de Cartaxena o "Maybe XIV" de Eugenio Galdón.

Na división Clásicos o título de campión da Copa de España foi para o "Bribon 500" de José Cusí, que por só cinco puntos de vantaxe puido revalidar o título ante o empuxe do "Titia" de Alicia Freire, quen tivo quizais a súa mellor tempada desde que se estableceu a clase en España. A terceira posición foi para o "Stardust" de Santiago Campos que, por tan só un punto de vantaxe sobre o barco do Monte Real Club de Iates de Bayona, o "Alibaba II" de Miguel Lago, conseguiu meterse no cadro de honra da clase 6 Metros.

A próximo tempada comezará no mes de marzo coa disputa da primeira serie da Copa de España de 2023.

Clasificacións finais

Trofeo Concello
de Sanxenxo Posto / Barco / Club / Resultados Parciais / Puntos Totais
Open
1º Seljm (CN Cascais), 1+1= 2 puntos
2º Stella (RCN Sanxenxo), 3+2= 5 puntos
3º Delphina (R Thames YC/R Swedish YC), 2+3= 5 puntos

Clásicos
1º Bribon 500 (RCN Sanxenxo), 1+1= 2 puntos
2º Titia (RCN Sanxenxo), 2+3= 5 puntos
3º Valdai (Koninklijke W.V.L), 3+4= 7 puntos

Clasificacións completas neste enlace

Copa de España 2022
Posto / Barco / Club / Puntos Totais
Open
1º Stella (RCN Sanxenxo), 44 puntos
2º Seljm (CN Cascais), 67 puntos
3º Maybe XIV (R.C.R. Cartaxena), 172 puntos

Clásicos
1º Bribon 500 (RCN Sanxenxo), 38 puntos
2º Titia (RCN Sanxenxo), 43 puntos
3º Stardust (RCN Sanxenxo), 193 puntos

PRENSA REAL CLUB NÁUTICO DE SANXENXO

0
0
0
s2sdefault