Concello de Sanxenxo - SANXENXO ASINARÁ UN CONVENIO COA DEPUTACIÓN PARA MELLORAR A COMPETITIVIDADE DO COMERCIO LOCAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As actuacións previstas centraranse na dixitalización do sector comercial, investimentos na vía pública, formación e sustentabilidade

O Concello de Sanxenxo asinará un convenio coa Deputación de Pontevedra para mellorar a competitividade do sector comercial local, reactivando a demanda a través do turismo, axudándolles a contar con novas canles para atender as demandas dos seus clientes, todo iso baixo o compoñente de sustentabilidade, como un valor fundamental do comercio de proximidade e que é necesario reforzar e pór en valor.

O proxecto denominado "Commerce inside" enmárcase dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU que será xestionado pola Deputación de Pontevedra cos municipios que achegarán o 15% do investimento total. O orzamento total ascenderá a 140.571,52 euros, dos que o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo achegará o 70%, 81.322,37 euros, a Deputación, 59.249,15 euros; e o Concello, 17.426,22 euros.

Entre as actuacións previstas está a colocación na vía pública 2 tótems interactivos integrados con Tourist Inside, 2 cargadores solares para exterior con asentos e iluminación e un deseño e implantación de señalética comercial. No apartado da dixitalización do sector comercial prevese a creación dunha plataforma de xestión de áreas comerciais e o despregamento de puntos wifi.

En canto ao factor de sustentabilidade e economía circular, realizarase un deseño e promoción packaging reutilizable con 100.000 unidades e instalaranse illas ecolóxicas para o depósito de biorresiduos. Tamén se fomentará a formación en idiomas cun curso de inglés, un de francés e outro de portugués.

0
0
0
s2sdefault