Concello de Sanxenxo - SANXENXO REALIZARÁ UN PRELANZAMIENTO DA SÚA LIÑA DE ROUPA E LEVARÁ A FITUR NOVO MATERIAL PROMOCIONAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O municipio traballa xa na súa participación na cita que terá lugar en Madrid o próximo mes de xaneiro

Sanxenxo prepárase para asistir á Feira Internacional de Turismo (Fitur) que se celebrará en Madrid do 18 ao 22 de xaneiro. O destino turístico no norte de España acudirá á cita cun novo folleto que pon en valor as grandes posibilidades náuticas coas que gozar da ría en calquera momento do ano. Todo iso sen esquecer a súa tradición pesqueira arraigada á súa excelente gastronomía. O novo material promocional segue a liña dos tres anteriores dedicados ao Patrimonio, Paisaxe e Praias que se presentaron en Fitur na edición pasada. Con este novo folleto, Sanxenxo completa as súas bazas turísticas e reforza a súa mensaxe de destino diferente os 365 días do ano.

Por terceiro ano consecutivo, Sanxenxo contará cun espazo propio no stand de Turismo de Galicia no que se elixiu como imaxe unha fotografía aérea de Punta Vicaño coa praia de Silgar ao fondo e desde onde se pode apreciar a localización do municipio na Ría de Pontevedra. A zona verde de Punta Vicaño e o seu cantil sobre o mar presidirán o espazo promocional de Sanxenxo, enmarcado nunha contorna de gran beleza.

Outra das grandes novidades desta edición será o prelanzamiento da liña de roupa que Sanxenxo comezará a comercializar a partir do próximo ano na oficina de turismo do porto deportivo que se acondicionará tamén como punto de venda. Dous promotores turísticos lucirán tres das pezas da liña: Unha sudadera, unha gorra e unha camiseta.

Un ano máis e grazas á colaboración do sector turístico de Sanxenxo realizaranse concursos con estancias nos aloxamentos do municipio entre quen visiten o mostrador e coñezan a oferta turística do destino. Fitur marcará o inicio da participación anual en feiras e eventos internacionais.

0
0
0
s2sdefault