Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ADQUIRE UN PUNTO LIMPO DE PROXIMIDADE PARA MELLORAR A RECOLLIDA DE RESIDUOS NON CONVENCIONAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O novo sistema porase en funcionamento en Adina

A Concellería de Medio Ambiente, dirixida por Juan Deza, acaba de adquirir un punto limpo de proximidade co que se busca mellorar a recollida de residuos non convencionais como pilas, móbiles, cargadores, xoguetes, pequenos electrodomésticos... A compra deste novo colector de recollida de residuos non convencionais está cofinanciado polos fondos do Programa de Economía Circular e o Plan Impulso ao medio ambiente Pima Residuos. O custo total ascende a 9.764 euros dos que o 10% e o IVE pono o Concello de Sanxenxo e o 90% sufrágase cos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao medio ambiente-PIMA residuos.

O Concello, na súa liña de traballo na xestión de residuos municipais ten establecidas varias recollidas especiais nas rúas do termo municipal, ademais das máis convencionais (fracción resto ou bolsa negra, envases lixeiros, papel-cartón, e vidro). Así, conta con 25 puntos de recollida de aceites vexetais, 10 puntos para téxtil e unha recollida de voluminosos próximos ao domicilio. E dispón, ademais, dun punto limpo municipal de martes a sábado, así como un punto limpo móbil.

Pero aínda así, séguense producindo pequenas verteduras incontroladas en zonas de monte, que os veciños que teñen o punto limpo máis lonxe da súa casa utilízano en menor medida, e moitos pequenos residuos especiais aparecen dentro dos colectores de bolsa negra. Por todo isto, desde o departamento de Medio Ambiente considérase interesante poder ofertar aos veciños un novo servizo como é o punto limpo de proximidade municipal que se situará inicialmente no exterior da Casa de Cultura de Adina.

Para avaliar a acollida deste novo servizo de residuos non convencionais farase un seguimento das recollidas nos diferentes puntos e poder seguir planificando a súa ruta da maneira máis óptima posible. Para cuantificar o éxito do proxecto espérase recoller un 10% máis de residuos non convencionais de maneira separada.

logos subvención punto limpio

0
0
0
s2sdefault