As dúas paradas situadas na estrada da Lanzada, a situada na farmacia e no Espiñeiro quedarán eliminadas
A marquesiña situada na Rúa Areal, enfronte do colexio, centralizará a partir do 1 de marzo o transporte escolar e regular en Portonovo. A medida que ten como obxectivo mellorar a seguridade peonil e a accesibilidade dos usuarios ao transporte público implicará a eliminación das dúas paradas actuais da estrada da Lanzada, situadas na farmacia e no Espiñeiro.
A humanización da contorna do colexio e o mercado, así como o futuro boulevard facilitarán o cambio e mellorarán a fluidez da circulación viaria na vila de Portonovo. Ademais, os accesos dos autobuses a este único punto de recollida veranse beneficiados polas rotondas previstas na obra que está nestes momentos en execución.
O Concello colocou xa carteis informativos en distintos puntos do municipio para que a información chegue aos usuarios do transporte público. A parada de Rúa Areal funcionará como unha central de transporte na vila.
PORTONOVO CENTRALIZARÁ O TRANSPORTE REGULAR NA MARQUESIÑA DA RÚA AREAL A PARTIR DO 1 DE MARZO

powered by social2s