Concello de Sanxenxo - O CONCELLO ACONDICIONA UNHA PARCELA ANEXA Á SUBESTACIÓN DE VILALONGA PARA UNHA PARADA DE BUS E ESTACIONAMENTO PÚBLICO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo retirou a semana pasada a torreta que había na parcela anexa á subestación de Vilalonga e que a empresa concesionaria cedeu para o seu uso público. O alcalde, Telmo Martín, asinou un convenio de cesión de espazo con UFD Distribución Electricidade durante 99 anos, que é o período máximo legal permitido. Con este acordo coa empresa eléctrica, o executivo sanxenxino converterá a parcela nun espazo público, mellorará a seguridade viaria da rúa principal de Vilalonga e mellorará a imaxe da entrada principal ao núcleo urbano.

A principios deste ano xa se demoleu a caseta exterior da subestación eléctrica de Vilalonga, pero quedaba pendente a torreta eléctrica. A derriba permitirá recuperar esta zona para os veciños da parroquia xa que se instalará unha marquesiña onde se habilitará unha parada de autobús e se acondicionará a parte traseira para aproximadamente 10 prazas de estacionamento.

0
0
0
s2sdefault