Concello de Sanxenxo - O CONCELLO PORÁ EN MARCHA UN OPERATIVO DE LIMPEZA NOS CENTROS URBANOS DE SANXENXO, PORTONOVO, VILALONGA E A REVOLTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo iniciará a próxima semana un operativo de limpeza en rúas, prazas, beirarrúas e outros espazos públicos empedrados. A concesionaria do servizo, Ascan, encargarase de realizar os traballos que se concentrarán nos centros urbanos de Sanxenxo, Portonovo, Vilalonga e A Revolta durante un prazo estimado dun mes. O obxectivo é a posta a punto do municipio de cara a Semana Santa.

En Sanxenxo as tarefas de limpeza centraranse na Rúa de Madrid, Constitución, Cesteiros, Viña da Fonte, Augusto González Besada, San Isidro, Praza de Portugal, Paseo de Silgar, Rúa Vidal Rocha, Rúa Ourense e Rúa dos Quinteiros.

En Portonovo, pola súa banda, o operativo actuará en Rafael Picó, Rúa da Mariña, Arenal, Méndez Núñez, Santa Catalina, San Roque, Praza do Enxido, Rúa das Flores, A Unión, Lalinde do Río, Rúa da Paz, Pontevedra, Ourense.

Finalmente, en Vilalonga os traballos concentraranse na estrada xeral e Praza Pública. Tamén está previsto actuar na Revolta. Todos estes traballos serán realizados mediante un furgón especializado, cun depósito GRG e hidrolimpadora a presión.

Con esta mobilización de limpeza, incluirase un tratamento preventivo que elimine a sucidade e o verdín xerado polas choivas nas zonas máis sombrías. A maiores farán unha limpeza integral das papeleiras para permitir unha mellor hixiene e conservación.

0
0
0
s2sdefault