A parcela municipal conta xa con dúas pistas de petanca e unha zona de aparcadoiro con dez prazas de estacionamento
O Concello amplía a área lúdica da Cachada, en Nantes, con novo mobiliario e un parque biosaludable. A parcela municipal conta xa desde finais do ano pasado con dúas pistas de petanca e un estacionamento para 10 vehículos. Trátase dunha aposta polo deporte e a actividade social ao aire libre con cinco aparellos no que poder traballar as distintas partes do corpo. Ademais, instalouse un banco na contorna do parque e un dobre nas pistas de petanca. O investimento realizarase con fondos municipais e ascende a case 3.500 euros.
O obxectivo é ampliar o abanico de oferta deportiva no municipio, un hábito de vida saudable e potenciar os xogos tradicionais como xa ocorre co campo de billarda, situado na contorna do colexio nun terreo dos comuneiros de montes cedido para a actividade.
A estas novas instalacións sumaranse nuns días, dentro da mellora e mantemento dos parques infantís do municipio, unha pista de petanca e outra de chave, no parque do Espiñeiro. Con estas novas instalacións refórzase a aposta por deportes interxeneracional no municipio.
O CONCELLO AMPLÍA A ÁREA LÚDICA DA CACHADA CON MOBILIARIO E UN PARQUE BIOSAUDABLE

powered by social2s