Concello de Sanxenxo - ALUMNOS DO COLEXIO DA FLORIDA VISITAN O CONCELLO DENTRO DUN PROXECTO EDUCATIVO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A concelleira de Educación, Paz Lago, mostroulles as dependencias municipais e o rexedor recibiunos en Alcaldía

Os alumnos de 6º do colexio da Florida xunto á súa titora Roser Villar e a profesora de apoio, María Leal, visitaron esta mañá o edificio do consistorio municipal dentro dun traballo escolar denominado "O meu concello". A delegación formada por unha vintena de nenos e nenas percorreron as dependencias do edificio coa concelleira de educación, Paz Lago, para finalmente ser recibidos polo alcalde, Telmo Martín, no seu despacho.

Unha das alumnas foi a encargada de mostrar o agradecemento pola recepción e anunciarlle que lle ían a facer unha entrevista. Non sen antes probar a mesa e a cadeira do alcalde, dirixíronse ao salón de plenos e coma se da Corporación se tratase comezaron coas preguntas ao rexedor: Cando era neno imaxinou algunha vez ser alcalde de Sanxenxo?, que é o que máis lle gusta deste concello?, Canto diñeiro se inviste no Concello?....

Tras as preguntas e despois de que a titora comentase que se trataba dun grupo moi comprometido, o alcalde bromeou que entre o alumnado podería haber? un alcalde ou alcaldesa no futuro?. Para finalizar a visita, os alumnos fixeron entrega ao alcalde e á concelleira de dous calendarios feitos por eles mesmos e o Concello regaloulles unha bolsa con material promocional do municipio (unha mochila e un libro dos Bolechas). "Hai que facer máis visitas como estas e que nos fagades chegar as vosas propostas sobre o que vexades mal no noso concello porque así poderemos mellorar", díxolles Martín.

0
0
0
s2sdefault