Concello de Sanxenxo - SANXENXO ADIANTA O BALIZAMENTO NAS PRAIAS DE PANADEIRA, SILGAR, CANELAS E CANELIÑAS PARA SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

As praias de Panadeira, Silgar, Canelas e Caneliñas contarán con balizamento en Semana Santa. O Concello acordou coa empresa subministradora adiantar o servizo nos areais que tanto pola súa situación como pola afluencia de bañistas fosen susceptibles desta mellora na seguridade. Non se colocará a sinalización habitual con corcheras xa que non soportaría as condicións do mar, pero si se delimitará cunha liña de boias amarelas a zona de baño.

O alcalde, Telmo Martín, xa adiantara tras o tráxico suceso ocorrido a pasada Semana Santa na praia de Silgar na que faleceu Manuel Tábara, que había que tomar medidas para reforzar a seguridade fóra da tempada estival. "A seguridade nunca é total, pero cremos que en praias con tanta afluencia como estas se está bo tempo hai que adiantar servizos como estes", asegura Martín.

A empresa, que xa dispón do material nun almacén, adiantará a montaxe a custo cero e os elementos instalados deixaranse xa ata o verán cando se colocarán tamén as corcheras . Cabe lembrar que o balizamento se leva a cabo nas praias de Agra, Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Areas Gordas, O Espiñeiro e A Lapa, desde o 1 de maio ata o 1 de xuño de cada tempada. Debe ser retirado antes do 31 de outubro.

0
0
0
s2sdefault