Concello de Sanxenxo - SANXENXO SÚMASE POR SEXTO ANO CONSECUTIVO Á HORA DO PLANETA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo sumarase por sexto ano consecutivo á Hora do Planeta o vindeiro sábado 25 e apagará durante sesenta minutos, de 20:30 a 21:30 horas, a Rúa Madrid, o Porto Deportivo, o Paseo de Silgar, a Avenida de Galicia e Rafael Picó. Trátase dunha campaña de mobilización que une a millóns de persoas, cidades e empresas de todo o mundo comprometidas coa conservación da natureza. Desde a organización World Wildlife Fund, promotora da Hora do Planeta, aseguran que "a ciencia é clara. Esta década debe ser o punto de inflexión onde recoñezamos o valor da natureza e prioricemos a súa recuperación xunto á do noso clima. Os próximos 7 anos son cruciais para determinar se nos mantemos dentro dos nosos límites planetarios, por baixo do limiar climático de 1,5 °C e con máis natureza e máis sa e robusta, ou se pasaremos a un estado de degradación ambiental irreversible e de cambio climático desbocado con todas as súas implicacións socioeconómicas". Así, indican que se "necesita máis ambición e máis rapidez xa que o cambio climático e a perda de natureza combinadas pon en perigo a nosa calidade de vida e a das xeracións futuras".

0
0
0
s2sdefault