Concello de Sanxenxo - O CONCELLO REEDITARÁ O MODELO DE FEIRA DE ARTESANÍA DO ANO PASADO NO PASEO DE BALTAR
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A organización da cita sairá a concurso, previo paso polo Consello de Turismo, con posibilidade de prórroga ata 2026

O Concello de Sanxenxo volve apostar polo modelo de Feira de Artesanía posto en marcha o pasado verán no Paseo de Baltar. Así, está previsto levar ao consello de administración de Turismo de Sanxenxo do próximo mércores as bases do concurso para a autorización administrativa necesaria para a organización, xestión e explotación da cita. Unha proposta baseada nos produtos de proximidade e de elaboración personalizada con obxectos únicos e de calidade que supoñan un reclamo turístico que non leve unha competencia para o comercio local. A autorización poderá ser prorrogada ano a ano ata 2026.

A Feira de Artesanía desenvolverase nunha superficie aproximada de 225 metros cadrados no Paseo de Baltar dará comezo o 3 de xullo e manterase ata o 31 de agosto. O horario da feira será de 19 horas a 24 horas todos os días da semana. Os xoves, sábado, domingos e festivos abrirán tamén de 12 a 14 horas.

Nos criterios de valoración das propostas concederase ata 50 puntos, máxima puntuación, á memoria organizativa e descritiva das actividades, así como os materiais e casetas que se vaian a utilizar ou a vixilancia do espazo, así como o mecanismo de selección de artesáns. Con ata 30 puntos, avaliarase a experiencia en organización, xestión e desenvolvemento das feiras e eventos de artesanía. Con 10 puntos valorarase a disposición de páxina web, blog ou perfil social onde se faga referencia expresa á actividade de artesanía e organizacións de eventos de artesanía.

Os expositores da feira deben dispor dun carné de artesán en vigor expedido pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo ou doutra comunidade de acordo coa lexislación vixente, dispor de produción propia para atender a demanda prevista durante a feira. As bases recollen de forma expresa a prohibición de venda de alimentos e a revenda de produtos.

0
0
0
s2sdefault