Concello de Sanxenxo - O POLI PACO E O AXENTE ABELARDO MARTÍNEZ PARTICIPARÁN NUNHAS XORNADAS DE EDUCACIÓN VIARIA EN CÓRDOBA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo volve ser un referente de educación viaria a nivel nacional. O axente local, Abelardo Martínez, e o seu coñecido monicreque o Poli Paco participarán este sábado nunhas xornadas de educación viaria en Córdoba. Na actividade estarán tamén Luis Carlos Rodríguez, fiscal de Seguridade Viaria de Andalucía, Ceuta e Melilla; a fiscal de Seguridade Viaria de Córdoba, Natalia Izquierdo; a vicedecana de Prácticas e Emprendemento da Universidade de Sevilla; a vicedecana de Ordenación Académica da Universidade de Córdba, Natividad Adamuz e o presidente da Atesvan, Eduardo Barrero.

As xornadas están dirixidas a docentes que realizan labores de Educación Viaria, co fin de compartir experiencias educativas dentro do novo marco normativo educativo recolleito nos reais decretos que establecen os ensinos mínimos e que marcan por primeira vez a Educación Viaria como unha materia obrigatoria dentro do currículo. Con estas xornadas preténdese dotar ao profesorado das competencias profesionais necesarias para dinamizar recursos educativos en Educación Viaria. Preténdese ademais crear alianzas entre docentes e policías locais para que os contidos de Educación Viaria traballados teñan máis significatividade de cara ao alumnado e transcendencia na súa vida diaria.

Nelas Abelardo Martínez a través dos monicreques do Poli Paco e do avó Nicolás encargarase de realizar un taller de educación viaria dirixido a policías e mestres. A idea é, a través da música de debuxos animados dos anos 80, trasladar aos asistentes á súa infancia para, a continuación, iniciar a formación. "Farémolo como o facemos nos coles de Sanxenxo e dirixíndonos a eles coma se fosen nenos e nenas", explica Martínez. Será un taller dinámico no que se abordarán comportamentos habituais en coche, rúa e autobús.

0
0
0
s2sdefault