Concello de Sanxenxo - O NÚMERO DE VISITANTES ÁS OFICINAS DE TURISMO DE SANXENXO E PORTONOVO CRECEU UN 20,25% EN SEMANA SANTA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Os datos da auga e o lixo tamén revelan un crecemento na actividade turística durante este período

O número de visitantes ás oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo rexistraron un crecemento do 20,25% a pasada Semana Santa respecto ao mesmo período de 2022. Un indicador que se suma ao crecemento do consumo de auga e de recollida de lixo no municipio.

Nos datos das oficinas de turismo destacan que os visitantes que se achegaron a estes puntos foron maioritariamente do territorio nacional encabezados por Madrid (35,74%), País Vasco (13,36%), Galicia (13%), Castela León (7,94%), Cataluña (7,58%) e Asturias (5,78%). En canto aos turistas internacionais, destacan os procedentes de Portugal e de Inglaterra. Outro dato relevante é que o 59,49% visitaron Sanxenxo por primeira vez e o 40,51% restante xa coñecía o municipio. Respecto ao tipo de información a maioría preguntou sobre que visitar, as viaxes a illas, natureza e praias, así como por cultura e festas. O aloxamento máis utilizado polos visitantes ás oficinas foron os hoteis (48,10%) seguido de apartamentos (29,11%).

En canto ao consumo de auga o incremento respecto da Semana Santa anterior foi notable pasando dos 43.233 metros cúbicos a 46.607 metros cúbicos, segundo datos facilitados pola concesionaria do servizo Espiña e Delfín. O bo tempo do período vacacional animou a moitas persoas ao enchido de piscinas, así como os consumos na hostalaría e a actividade hostaleira influíu neste incremento. Relacionado con este crecemento están os datos de lixo recollidos pola empresa Ascan onde as cifras da recollida de envases duplica case a cantidade dunha tempada a outra ao pasar de 4.890 a 8.880 quilogramos. Tamén creceu o papel ao pasar de 9.700 a 14.100 quilogramos, o resto e o vidro.

Cabe lembrar que xa antes de Semana Santa se coñecía o dato do paro que xa apuntaba nesta dirección ao baixar dos 721 aos 672 parados o que traducido á taxa de paro sería un 8,55%.

0
0
0
s2sdefault