Concello de Sanxenxo - ÍNSULA DÁ LUZ VERDE Á PRIMEIRA FASE DO COMPLEXO DE SERVIZOS MUNICIPAIS NO PARQUE EMPRESARIAL DE NANTES
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas



O consello de administración aproba por unanimidade as bases de contratación da primeira nave de servizos

Ínsula Sanxenxo deu luz verde no consello de administración á contratación da 1ª Fase para a construción da nave de almacén de servizos municipais dentro do complexo previsto no parque empresarial de Nantes. Os redactores do proxecto traballan xa na separata que sairá a licitación por 2.107.438 euros. A edificación destinada a nave-almacén contará cunha superficie construída de 2.045 metros cadrados que inclúe o edificio cun aseo, dous vestiarios, taquillas e dous accesos. O exterior disporá dun aparcadoiro e un xardín. Con esta construción, o Concello espera aforrar anualmente un total de 38.115 euros, que é o actual aluguer da nave de Servizos.

A nave sustentarase mediante piares de formigón prefabricado sobre os que apoiarán cerchas a dúas augas prefabricadas. A cuberta da nave proxéctase de estrutura prefabricada como soporte da cobertura de paneis sándwich. O illamento será de panel sándwich. As fachadas da nave resólvense mediante paneis de formigón armado prefabricados, dispostos a modo de zócalo e cerramento, a partir de determinada altura e seguindo o deseño da fachada de incorpora unha coroación transventilada composta por unha combinación paneis metálicos texturizados e paneis con elementos translúcidos de policarbonato celular e illamento intermedio. Complementarase o cerramento con celosías e parasois en determinados paramentos, aos efectos de minimizar a exposición de estancias habitables.

Os chans en contacto co terreo proxéctanse mediante soleira de formigón con espesor acorde á carga e tipo de tráfico que soporte. Disporase sobre capa de grava con protección de lámina de polietileno de alta densidade. O acabado resólvese con formigón puído, con gres antiescorregadizo para os cuartos húmidos. Na carpintaría exterior da nave, de aluminio anodizado, proxéctase a instalación de portais de acceso por fachadas, de tipo corredera e/ou seccionales elevables.

0
0
0
s2sdefault