Concello de Sanxenxo - SANXENXO REPITE COMO SEDE DO V RALLYE DE PONTEVEDRA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O evento deportivo, que xa conta con 120 equipos inscritos, terá lugar os días 2, 3 e 4 de xuño

Os amantes do mundo do motor teñen unha cita obrigada o 2, 3 e 4 de xuño co IV Rally de Pontevedra, competición organizada pola Escudería Congostra Team Sanxenxo e que está incluída no Campionato Galego. O evento, que se presentou esta mañá no Real Club Náutico de Sanxenxo contou co respaldo de autoridades e patrocinadores, conta xa con 120 equipos inscritos. A proba terá un ano máis a Sanxenxo como sede e discorrerá polos municipios de Cerdedo-Cotobade, Moraña, Meaño e Campo Lameiro.

A actividade dará comezo o venres 2 de xuño coas verificacións na explanada da nova exposición de Náutica Paco. A partir de aí, os participantes irán entrando no parque pechado que estará situado na Praza do Mar no porto deportivo. Ás 19:15 horas arrincará a cerimonia de saída desde a praza para, a continuación, disputar o tramo espectáculo do parque empresarial de Nantes cun percorrido de 4,20 quilómetros que mestura destreza, rapidez e moita habilidade. Unha vez finalizado, os equipos partirán cara a Portonovo, onde desde primeira hora estará situado o parque de traballo na contorna de Baltar.

Xa na xornada do sábado 3, os equipos irán partindo facía os tramos de Meaño Staroil, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro- Moraña, para volver ao final de cada bucle ás reagrupacións de EXNOR e o parque de traballo de Baltar. Ata en tres ocasións os participantes farán este percorrido. Na última sección, tras o paso polos tramos e polo control volante de Moraña, os equipos finalizarán o Rallye na magnífica Praza do Mar, onde poremos punto e final a quinta edición do Rallye de Pontevedra cunha espectacular entrega de premios.

A cita convértese nunha escusa perfecta para gozar do motor con 113 quilómetros cronometrados, así como da beleza e gastronomía dos lugares polos que atravesa a proba nas distintas xornadas.

0
0
0
s2sdefault