Concello de Sanxenxo - O CONCELLO LOGRA 140.000 EUROS DOS FONDOS NEXT GENERATION PARA A MELLORA DOS SENDEIROS LITORAIS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Concello de Sanxenxo realizará unha posta en valor dos sendeiros litorais cun investimento superior aos 160.000 euros que será financiada ao 90% con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dos fondos Next Generation e o 10% con fondos municipais. A través da Concellería de Medio Ambiente presentáronse catro proxectos nas distintas liñas da subvención: Unha guía interactiva turística, a renovación da pasarela da Ruta dos Carballos de Aldariz, a mellora do sendeiro de Major e a renovación dos baños da praia de Foxos.

Co obxectivo de que os visitantes localicen e obteñan de forma fácil información sobre os sendeiros, o Concello porá en marcha unha guía turística interactiva mediante aplicación web e plataforma interactiva. Esta guía estará formada por un visor cartográfico, un catálogo de fichas e as fichas interactivas dos sendeiros. O acceso á guía poderá realizarse mediante un código QR desde onde se poderá descargar o folleto turístico.

Outra das actuacións previstas ten que ver coa mellora de accesibilidade do sendeiro de Major que se atopa en moi mal estado. O Concello renovará a ponte con plástico reciclado, con acabado similar a madeira e varanda. Toda a estrutura irá reforzada con aceiro. Tamén dentro desta liña de axudas rehabilitaranse os aseos da praia de Foxos para facelos accesibles ás persoas con mobilidade reducida.

Finalmente, prevese rehabilitar a pasarela de Bordóns no sendeiro dos Carballos de Aldariz para garantir a conectividad e accesibilidade aos muíños e lavadoiro de Outeiro. A estrutura actual será retirada proximamente polo Concello debido ao mal estado que presenta. En concreto, renovaranse 200 metros de pasarela de madeira de piñeiro, así como os tramos de escaleiras precisos.

Cabe lembrar que Sanxenxo é líder en España en sendeiros azuis ao contar con máis de 30 quilómetros con esta certificación en sete rutas. O Concello de Sanxenxo márcase xa novos retos e quere seguir ampliando esta cifra de sendeiros co da Ruta de Dorrón

0
0
0
s2sdefault