Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 12 e o 23 de xuño
As escolas infantís municipais de Sanxenxo pecharon o periodo de matriculación con listas de agarda en dous cursos, o 0 -1 de O Tombo e o 1-2 tanto de ambas escolas. Quedan prazas nos grupos 0-1 da EIM Revel e 2-3 das dúas escolas.
A partir de agora,unicamente poderán presentarse solicitudes nos seguintes casos:
Os admitidos deberán formalizar a matrícula entre o 12 e o 23 de xuño (ambos inclusive). Debera presentanrse preferiblemente na sede electrónica do O.A. Terra de Sanxenxo (https://terradesanxenxo.sedelectronica.gal) no enlace procesamento electrónico. Para elo será necesario dispoñer de DNI electrónico, certificado electrónico ou sistema de autentificación Cl@ve. Opcionalmente poderase presentar presencialmente no Rexistro do O.A. Terra de Sanxenxo (Casa do Concello, rúa Madrid, 1 – 36960 Sanxenxo) mediante formulario normalizado dispoñible na páxina web do concello e nas propias escolas.
Para a matriculación será imprescindible o cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación.Co sistema de cofinanciamento entre o Concello de Sanxenxo e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a atención educativa é gratuíta para as familias independentemente da súa renda. O servizo de comedor será cofinanciado polo Concello de Sanxenxo en función da renda dos usuarios.As vacantes que se produzan ó longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os/as nenos/as que formen parte da listaxe de agarda.
CONSULTAR AQUÍ ÁS LISTAXES https://bit.ly/EscolasInfantisSanxenxo