Concello de Sanxenxo - SANXENXO SITÚASE ENTRE OS PRIMEIROS 50 DESTINOS DE ESPAÑA DE MAIOR RELEVANCIA TURÍSTICA E CONTRIBUCIÓN SOCIAL
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

O Atlas de contribución municipal do turismo de España elaborado por Exceltur sitúa ao municipio no posto 49

Sanxenxo sitúase no posto número 49 como destino de España de maior relevancia turística e contribución social. Así o recolle Exceltur no seu "Atlas de Contribución Municipal do Turismo de España" publicado en maio e baseada en datos do Instituto Nacional de Estatística. Nel recóllense os 100 destinos máis importantes, segundo o volume de opcións aloxativas de mercado (hoteis, apartamentos por chaves, cámpings, casas rurais e vivendas de uso turístico) con que se pon de manifesto a relevancia do turismo, a súa contribución social e a capacidade de xeración de emprego dos municipios con maior peso nesta industria.

Sanxenxo dispón de 24.758 prazas de aloxamento no mercado se contamos hoteis, apartamentos por chaves, cámpings, casas rurais e vivendas de uso turístico. Ademais, conta con 12.211 segundas residencias que suman máis de 50.000 prazas de aloxamento. Esta ampla rede de aloxamento fai que Sanxenxo sexa o único municipio do norte de España situado nestes primeiros 50 postos da lista na que tamén se atopa Santiago (posto 88), San Sebastián (posto 72), Xixón (93), Sitges (87) ou Córdoba (73). O municipio ascende ata o posto número 40 do ranking entre os principais destinos de costa e ao número 1 na lista de destinos de relevancia por comunidades autónomas.

En canto á relevancia do turismo, calculada en base ao número de turistas medio anual sobre o conxunto da súa poboación, Sanxenxo presenta unha porcentaxe do 61%, un dato que indica a importancia do turismo no sistema económico e social. O Atlas de Exceltur tamén recolle empregos xerados dentro do sector turístico que no caso do municipio ascenden a 2.275.

0
0
0
s2sdefault