Concello de Sanxenxo - O DEPARTAMENTO MUNICIPAL DE ORIENTACIÓN LABORAL REXISTRA CASE MEDIO MILLEIRO DE OFERTAS DE TRABALLO EN SANXENXO
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

A cifra de parados baixou no mes de maio a 583 o que supón unha taxa de desemprego do 7,36%

O departamento municipal de Orientación Laboral rexistra case medio milleiro de ofertas de traballo en Sanxenxo. O boletín que se publica semanalmente acumula xa 486 empregos vinculados na súa maioría co sector turístico. Camareiros, axudantes de piso, cociñeiros e limpadoras son os traballos con maior demanda ás portas da tempada estival na que restaurantes e hoteis necesitan reforzar o persoal. Na maioría das ofertas demándase máis dun empregado por negocio chegando nalgúns casos ata cinco traballadores.

Os anunciantes poden colgar a súa oferta de forma totalmente gratuíta no Boletín de Emprego de Sanxenxo. Para iso só teñen que enviar a súa oferta cos datos ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. No anuncio deben especificar o traballo, a empresa, o horario, así como un teléfono e un correo de contacto. O boletín coas ofertas publícase semanalmente na páxina web do Concello de Sanxenxo no apartado de emprego.

O obxectivo é manter unha acción concertada e continua para loitar contra o desemprego conseguindo unha mellora progresiva do noso mercado laboral. O Concello de Sanxenxo forma parte dos centros colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia, favorecendo a implantación territorial do SPE en Galicia, e realizando funcións de: información e asesoramento na procura de emprego, información profesional, itinerario de inserción laboral, procura activa de emprego, tratamento de demandas de emprego, captación e tratamento de ofertas de emprego e renovación da demanda de emprego, apoio á intermediación entre a oferta e a demanda, así como a actualización e activación do currículo vitae de cada demandante.

Sanxenxo continúa na boa senda do emprego. A cifra de parados baixou no mes de maio a 583 o que supón unha taxa de desemprego do 7,36%, a terceira máis baixa do último século.

0
0
0
s2sdefault