A mostra inaugurarase este venres e permanecerá aberta ata o 25 de xuño, de venres a domingo de 19 a 23 horas
Un total de 12 alumnos do Centro de Arte de Sanxenxo exporán as obras realizadas durante o curso na Sala Nauta. A mostra inaugurarase este venres e manterase aberta de venres a domingo ata o 25 de xuño, en horario de 19 a 23 horas.
Os traballos son de temática moi variada respondendo as preferencias e gustos de cada alumno. Algúns dos cadros céntranse na representación de retratos moi realistas a partir do debuxo, con diferentes técnicas como pode ser o grafito, o carbón ou o pastel. Outros abordan temas florais, desenvolvendo un traballo baseado na pincelada cada vez máis solta e na intensidade da cor. Tamén se poderá gozar de paisaxes, especialmente costeiros, en formato moi pequeno, que transmiten certa tenrura e delicadeza, e mesmo de reinterpretacións de obras de pintores galegos.