Concello de Sanxenxo - SANXENXO ACTIVA UNHA CANLE DE DENUNCIA CONTRA A CORRUPCIÓN OU CALQUERA MALA PRÁCTICA PÚBLICA
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

Sanxenxo xa ten en funcionamento unha Canle de Denuncia, para que a cidadanía e os mesmos traballadores municipais poidan expor de maneira anónima presuntas irregularidades na xestión do municipio. É unha ferramenta que permite pór en coñecemento do Concello condutas que poden resultar contrarias ao dereito e aos principios éticos e de conduta, con garantía de confidencialidade, anonimato e indemnidad para o denunciante.

A nova ferramenta xa se atopa dispoñible nas sedes electrónicas do Concello de Sanxenxo e do Organismo Terra de Sanxenxo e con ela dáse cumprimento á lei 2/2023 que afecta a administracións públicas. O usuario disporá dun número de localizador para poder realizarlle un seguimento á súa denuncia que poderá concluír coa consecuente creación dun expediente e a tramitación pertinente segundo a gravidade dos feitos. Esta nova canle súmase ao que xa existe, Denuncia en materia de integridade institucional, incluído dentro do Plan Antifraude posto en marcha en febreiro de 2022 como un dos requisitos ao ser receptores dos fondos Next Generation.
Con este plan, tanto o Concello de Sanxenxo como Terra de Sanxenxo pon en marcha todas as medidas que garantan a loita contra a fraude e denunciará aquelas irregularidades ou sospeitas de fraude que se puidesen detectar en colaboración co Servizo Nacional de Coordinación Antifraude. Para asegurar o correcto funcionamento do plan creouse unha Comisión Antifraude, de composición eminentemente técnica que se reúne polo menos unha vez cada tres meses ou de forma extraordinaria. Os integrantes deberán realizar unha avaliación periódica do risco de fraude, definir a política antifraude e deseñar as medidas que permitan previr, detectar, corrixir ou perseguir intentos de fraude.


O Concello e Terra impulsan a realización de charlas e tarefas formativas de diferentes temáticas relacionadas coa fraude e a corrupción co obxectivo de que se poida capacitar ao persoal cunha serie de medidas que lles axuden a previr este tipo de prácticas pouco éticas e susceptibles de fraude.

0
0
0
s2sdefault