Concello de Sanxenxo - TELMO MARTÍN REFORZA A ÁREA SOCIAL NA SÚA NOVA COMPOSICIÓN DE GOBERNO PARA OS PRÓXIMOS CATRO ANOS
T: 986 72 00 75 - F: 986 72 10 22  | 
Concello de Sanxenxo

Novas

María Deza volverá ser portavoz e primeira tenente alcalde e Paula Martínez e Marcos Guisasola, segunda e terceiro tenente alcalde

 

A estrutura do novo goberno de Sanxenxo repartirase en Alcaldía e nove concellarías, unha distribución nas que a área social se verá reforzada e coa que se busca a maior eficiencia na prestación dos servizos municipais. Sete das nove amplían as súas áreas con competencias con fins sociais. Os obxectivos do novo executivo é seguir impulsando proxectos que melloren a vida dos veciños e seguir potenciando Sanxenxo como destino turístico de referencia. Ademais, María Deza volverá ser portavoz e primeira tenente alcalde e Paula Martínez e Marcos Guisasola, segunda e terceiro tenente alcalde.


A distribución das nove novas áreas de goberno é a seguinte:

  • CULTURA E EVENTOS. Elena Torres

Competencias: Programación de actividades culturais, xestión das bibliotecas e espazos socioculturais municipais, festas, eventos, espectáculos e defensa do patrimonio histórico e cultural.

  • DEPORTES, MOCIDADE E VOLUNTARIADO. Marcos Guisasola

Competencias: Programación deportiva, xestión instalacións deportivas, promoción do deporte e hábitos saudables, actividades e programas para xoves e voluntariado.

  • EDUCACIÓN. Natividade Parada

Competencias: Educación e xestión dos centros educativos, escolas infantís, escola de música municipal, escola municipal de adultos, CIM, promoción da igualdade, atención e asesoramento a vítimas de violencia de xénero.

  • FACENDA, ECONOMÍA E PERSOAL. Paula Martínez

Competencias: Elaboración de Orzamentos, ordenanzas fiscais, consumo e comercio, desenvolvemento empresarial, xestión do persoal municipal, contratación, convenios, subvencións, responsabilidade patrimonial e participación cidadá.

  • MEDIO AMBIENTE, MANTEMENTO E SERVIZOS. Yago Torres

Competencias: Protección de medio ambiente e calidade ambiental, mantemento de parques e xardíns, xestión de residuos e lixo, limpeza viaria, punto limpo, iluminación municipal, aforro enerxético e educación ambiental, protección animal, obras de mantemento e reparación de bens municipais, servizo de auga, saneamento e depuración e cemiterios municipais.

  • PLANIFICACIÓN URBANÍSTICA E VIVENDA. María Deza

Competencias: Plan e xestión urbanística, control da edificación, disciplina urbanística, patrimonio municipal do chan, política social de vivenda e inventario municipal.

  • SEGURIDADE CIDADÁ E EMERXENCIAS. Xoán Pérez

Competencias: Policía Local, servizo de Emerxencias, vixilancia no cumprimento de bandos, ordenanzas, policía ambiental, xestión de taxis, e control de seguridade en edificios públicos

  • SERVIZOS SOCIAIS E MAIORES. Paz Lago

Competencias: Prestación de servizos sociais básicos, atención social de emerxencia, xestión do Servizo de Axuda no Fogar, orientación familiar e educación social, atención a persoas maiores e xestión do Centro de Día.

  • TURISMO. Juan Deza

Competencias: Promoción turística e desenvolvemento dos selos distintivos de calidade, xestión de praias, proxectos europeos turísticos, Feira de Artesanía de Portonovo e xestión de oficinas de turismo.

Áreas de goberno que ata agora estaban compartidas nunha mesma concellaría, como Cultura e Educación, agora son departamentos diferenciados con dúas concelleiras á fronte, algo que lles permitirá crecer e adquirir maior peso na xestión do goberno.

Doutra banda, hai concelleiros cunha ampla experiencia de goberno, como Marcos Guisasola ou Paz Lago que se fan cargo de novas áreas que necesitan un replanteamiento ou impulso, como son a Concellaría de Deportes, Mocidade e Voluntariado e a de Servizos Sociais e Maiores, respectivamente.
Outros concelleiros con experiencia de goberno ven crecer as súas competencias como María Deza con Planificación Urbanística e Vivenda. Paula Martínez e Juan Deza xestionarán áreas craves no goberno como son, Facenda e Persoal e Turismo, no caso do segundo.

0
0
0
s2sdefault